Manuel Álvarez Torneiro, nado na Coruña o 7 de xullo de 1932 e finado na mesma cidade o 8 de outubro de 2019, foi un xornalista e poeta galego.
Cursou estudos na Escola Superior de Altos Estudos Mercantís da Coruña. Despois de desempeñar varios traballos entrou a traballar en La Voz de Galicia. no que botou vinte e cinco anos e, entre outras funcións, levou a cabo un imporante labor como crítico literario. Foi un dos fundadores do grupo poético Amanecer nos anos 1950 na Coruña e colaborou en diversos libros colectivos e revistas (Dorna, Clave Orión, A xanela, ...). Os antólogos sitúano na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: os nados entre 1928 e 1942.
Foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2011. En 2013 recibiu o Premio Nacional de Poesía, o primeiro poeta en recibir este premio cun libro en lingua galega.
e descubre todas as novidades do libro en galego