Calle Urzaiz 125BJ. 36205, Vigo (Pontevedra)
Faktoría K de Libros é un proxecto editorial que se centra no obxectivo de explorar campos literarios e artísticos actuais, atractivos e audaces.
Libros para nenos, pero tamén para lectores adultos desexosos de novas experiencias creativas. Libros transformados en ferramentas que nos axudan a comprender o mundo a través da liberdade, a tolerancia e o compromiso.
Faktoría K explora as expresións culturais doutros países e espazos lingüísticos, achegándoas ao noso. Este diálogo continuo e dinámico co mundo que nos rodea toma forma nesta pequena fábrica de ideas, creando fermosos libros que viaxan no tempo a lugares próximos e afastados.
e descubre todas as novidades do libro en galego