Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Unha obra directa, reivindicativa e axitadora, que apela á sociedade para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A este chamamento á indignación colectiva, á desobediencia e á resistencia, súmase o escritor Manuel Rivas, cun atinado limiar que reivindica
Unha obra directa, reivindicativa e axitadora, que apela á sociedade para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. A este chamamento á indignación colectiva, á desobediencia e á resistencia, súmase o escritor Manuel Rivas, cun atinado limiar que reivindica o poder da palabra.
Prólogo de MANUEL RIVAS. Ilustración de cuberta de MARC TAEGER
“Indignádevos!”, o opúsculo de Stéphane Hessel do que se venderon máis de dous millóns de exemplares en Francia, tamén se pode ler en galego. O escritor Manuel Rivas asina o prólogo desta obra directa, reivindicativa e axitadora, cuxo autor, un veterán supervivente da barbarie nazi, dirixiuse -cando contaba con 93 anos- á sociedade en xeral, e á mocidade en particular, para que reaccione ante a inxusta realidade social, económica, política e medioambiental. Para Stéphane Hessel sobran os motivos para chamar á indignación colectiva, á desobediencia e á resistencia. Non contribuiu á loita que permitiu acadar tantas conquistas sociais na segunda metade do século pasado, para que todos eses avances se derrubaran dende a década do 2000 en diante. O autor culpa ao poder financeiro de devalar o equilibrio da democracia moderna, con todos os seus valores e principios, provocando unha crise no mantemento do estado do benestar, a desconfianza na independencia da prensa, unha crecente fenda entre os máis podentes e os máis necesitados, e os dramas humanos derivados dos conflictos internacionais.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro