Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os…
Estala a mañá no frío do porto. Uns homes fumanapoiados na varanda branca. Miran o mar.Miran o mar e mais o ceo. Nunca entre eles. Este libro armouse como un poema longo, fragmentario e coral, ambientado nun espazo portuario que é territorio físico e, asemade, simbólico. A autora observa os corpos dos homes do mar e busca as palabras que apreixen o vínculo entre o traballo, o cansazo, o desexo, a perda e a supervivencia. A luz aparece daquela non como salvación plena, senón como rescaldo: iso que brilla esvaradío, alén da materia ferida, no xesto mínimo, no corpo exposto, na memoria. E van emerxendo, nun tributo ao que foi, os trazos existenciais que nos angustian e nos salvan, iso que non se ve, esa sorte de mundo fantasmagórico que se percibe nos seres que non acaban de ter un lugar exacto ao que pertencer. Nestes versos abrolla, nomeadamente, unha linguaxe atenta ao ritmo, á imaxe e ao silencio. Para, finalmente, deixar flotando nas ondas que move o vento a intimidade, o erotismo e a culpa, enunciados tamén desde o corpo feminino, porque a autora quixo, de xeito moi especial, falarnos do desexo das mulleres casadas con mariñeiros, unha realidade adoito despachada cun inxusto desleixo.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Poeta e articulista. Publicou os poemarios “Agosto” (2019), “Deshabitar unha casa” (2017, Premio de Poesía Francisco Añón) e “Nomes de fume” (2017, Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé). Algúns dos seus poemas foron traducidos ao portugués, alemán, inglés, italiano e finés en revistas e antoloxías. “Nomes de fume” conta ademais con edicións bilingües en castelán e catalán. Colaboradora habitual de Nós Diario, pola súa obra xornalística obtivo o Premio Manuel Lueiro Rey (2023) e o Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego (2021).