Poeta e articulista. Publicou os poemarios “Agosto” (2019), “Deshabitar unha casa” (2017, Premio de Poesía Francisco Añón) e “Nomes de fume” (2017, Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé). Algúns dos seus poemas foron traducidos ao portugués,
alemán, inglés, italiano e finés en revistas e antoloxías. “Nomes de fume” conta ademais con edicións bilingües en castelán e catalán. Colaboradora habitual de Nós Diario, pola súa obra xornalística obtivo o Premio Manuel Lueiro Rey (2023) e o Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego (2021).
e descubre todas as novidades do libro en galego