1. INICIO
  2. Libros
  3. MOMENTOS ESTELARES DA HUMANIDADE
MOMENTOS ESTELARES DA HUMANIDADE

MOMENTOS ESTELARES DA HUMANIDADE

Stefan Zweig
1 veces listado

O relato da Historia da humanidade está suxeito á múltiples causas e azares, e mesmo os grandes personaxes históricos deben estudarse como un produto da realidade social da súa época. Porén, algúns sucesos ben datados incidiron de forma determinante no devir das sociedades e das culturas. Ao longo

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Faktoría K de Libros
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4167-2120-7
EAN
9788416721207
Formato
TAPA DURA
Avatar

Stefan Zweig

Ver autor

Stefan Zweig (/ʃ'tɛfan tsvaɪk/), nado en Viena o 28 de novembro de 1881 e finado en Petrópolis (Brasil) o 22 de febreiro de 1942, foi un escritor, biógrafo e activista social austríaco.

Foi moi popular nas décadas de 1920 e 1930, e as súas obras foron das primeiras en protestar contra a intervención de Alemaña na segunda guerra mundial. Escribiu principalmente novelas, relatos e biografías, e cultivou tamén o teatro, o xornalismo e o ensaio. Das biografías, son particularmente coñecidas as de María Estuardo e a de Fouché, unha peza metade biografía e metade novela histórica.

Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Laureano Araujo
5

Os 'Momentos estelares da humanidade' tiveron un éxito enorme, con máis dun millón de exemplares da versión alemá impresos até hoxe. Considéranse, mesmo por diante da 'Novela de xadrez' (traducida ao galego por Patricia Buján e Saleta Fernández), o libro máis popular de Stefan Zweig, e pode lerse en máis de cincuenta idiomas. O entusiasmo do autor pola materia narrada, transmitido coa súa habitual mestría literaria, ten un efecto contaxioso no lector. Algunha das «miniaturas» é simplemente inesquecíbel, con momentos –mesmo momentos de decepción e de derrota– cheos de épica, de arroubo, de éxtase. Ás veces é como se a estremecedora «Sarabande» da Suite para clavicémbalo en re menor (HWV 437) de Georg Friedrich Händel inspirase o estilo patético e expresionista destas «miniaturas».

Outros libros de Stefan Zweig

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego