As diferenzas tenden a crear barreiras cando debería ser ao contrario: pontes cara á diversidade, á receptividade coas outras culturas e ao entendemento mutuo. Os demais poden ter aquilo do que nós carecemos e entre todos, complementarnos... Unha reflexión en clave de humor e aventura moi necesaria
Naceu en Schongau (Alemania) en 1966. Os pinceis e os lapis formaron parte da súa vida desde que era moi nova. En 1988 iniciou os seus estudos de educación artística e de alemán na Universidade de Augsburg, aos que seguiron outros cursos en materia de deseño gráfico e ilustración.
A partir de 1993 comezou a traballar como pintora, ilustradora e deseñadora. Completou a súa preparación na Escola de Belas Artes de Munich. En 1999 comezou a dar clases de debuxo na Escola Profesional de Augsburg. A súa obra expúxose en varias mostras, entre elas, na Bienal Internacional de Bratislava (1997), no museo da cidade de Günzburg (2001), e na Feira de Arte de Nagama, en Xapón (2002).
e descubre todas as novidades do libro en galego