Publicada por primeira vez en 1939, meses despois da morte en París de Joseph Roth, onde vivía exiliado, «A lenda do santo bebedor» está considerada o testamento literario de quen foi un dos narradores centroeuropeos máis admirados do século XX. André Kartak, é un clochard orixinario -como Roth- das
Redactada cunha sinxeleza e cunha inxenuidade aparentes que lle confiren unha enerxía lírica non exenta, porén, de humor, de (auto)ironía e se cadra mesmo de cinismo, 'A lenda do santo bebedor' parece querer agachar con pudor a súa profunda melancolía detrás da súa prosa insólita, primorosamente amábel e formal, mesmo cerimoniosa, ás veces case administrativa, con claras reminiscencias bíblicas no seu rexistro. É como se esa sorte de levidade estilística, que evoca a atmosfera máxica dun conto de fadas, pretendese disimular toda a tristeza do mundo que oculta o relato duns días na vida dun home desnortado.
e descubre todas as novidades do libro en galego