A piques de celebrarse o centenario do Partido Comunista da China, cómpre un balance da evolución do territorio máis poboado do planeta e segunda economía mundial. O autor deste ensaio, Xulio Ríos, é un dos principais expertos na súa historia. Co triunfo da revolución liderada por Mao Zedong en
Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.
Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desde a súa fundación en 1991, así como da Fundación Plácido Castro do IGADI e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Participa en numerosas publicacións e revistas, tanto galegas como internacionais. Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais, e é membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares, membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega. É, tamén, director do Observatorio de la Política China e promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología. Dirixe o Informe Anual sobre Política China que se publica desde 2007, e desde o 2011, o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.
e descubre todas as novidades do libro en galego