1. INICIO
  2. Autores
  3. XULIO RÍOS
Avatar de XULIO RÍOS

XULIO RÍOS

Moaña , 1958
7 títulos
0 seguidores

Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.

Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional desde a súa fundación en 1991, así como da Fundación Plácido Castro do IGADI e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Participa en numerosas publicacións e revistas, tanto galegas como internacionais. Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais, e é membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares, membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega. É, tamén, director do Observatorio de la Política China e promotor e coordinador da Red Iberoamericana de Sinología. Dirixe o Informe Anual sobre Política China que se publica desde 2007, e desde o 2011, o Simposio Electrónico Internacional sobre Política China.

Libros de XULIO RÍOS

Lois Tobío. O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo
Lois Tobío. O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo
A Ex-Iugoslavia, o conflicto dos Balcáns,
A Ex-Iugoslavia, o conflicto dos Balcáns,
A China por dentro
A China por dentro
Galicia solidaria
Galicia solidaria
Galicia, un país no mundo
Galicia, un país no mundo
A metamorfose do comunismo na China
A metamorfose do comunismo na China
Plácido Castro. Humanista, liberal, cosmopolita: símbolo da universalidade do nacionalismo galego
Plácido Castro. Humanista, liberal, cosmopolita: símbolo da universalidade do nacionalismo galego

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego