Parece unha formiga, pero é unha mancha, é unha mancha, pero parecen pegadas, parecen pegadas, pero son restos dunha festa, son restos dunha festa, pero parecen os meus lunares, parecen os meus lunares, pero é un 8 esmagado? Poético, enigmático, reflexivo, ás veces transcendental? ?Parece unha…
Artista visual que desenvolve unha parte importante do seu traballo na industria do libro e a edición.
Estudou Belas Artes na universidade, aínda que a súa formación profesional podería considerarse en gran medida autodidacta. Leva máis de vinte anos traballando no sector editorial, participando e desenvolvendo proxectos diversos, e publicou case trinta títulos en varias linguas. Ten predilección por explorar formatos dirixidos a un público máis novo, adora o carácter interdisciplinar do seu traballo e ten unha especial afección polas técnicas e ferramentas tradicionais.
Combina o seu traballo editorial coa docencia, que considera unha parte esencial do seu desenvolvemento artístico. Dirixe obradoiros e cursos de formación cultural para públicos diversos de todas as idades.
e descubre todas as novidades do libro en galego