Lolo era un home moi aburrido que esquecera o xeito de se divertir, de brincar nas festas, de deitarse nos lameiros e soñar co paso das nubes. Tiña corenta anos e sentíase cada vez máis triste. Coma un xoguete roto. Unha noite mentres estaba a durmir, tivo un soño. A mañá seguinte Lolo espertou…
Artista visual que desenvolve unha parte importante do seu traballo na industria do libro e a edición.
Estudou Belas Artes na universidade, aínda que a súa formación profesional podería considerarse en gran medida autodidacta. Leva máis de vinte anos traballando no sector editorial, participando e desenvolvendo proxectos diversos, e publicou case trinta títulos en varias linguas. Ten predilección por explorar formatos dirixidos a un público máis novo, adora o carácter interdisciplinar do seu traballo e ten unha especial afección polas técnicas e ferramentas tradicionais.
Combina o seu traballo editorial coa docencia, que considera unha parte esencial do seu desenvolvemento artístico. Dirixe obradoiros e cursos de formación cultural para públicos diversos de todas as idades.
e descubre todas as novidades do libro en galego