Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das fifiguras máis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea. Tras Melancoholemia. Vida de mamarracho, Antón Reixa regresa á colección Rizomas con Enciclopedia perplexidade, unha antoloxía dos seus poemarios publicados entre 1976 e
Antón Reixa (Vigo, 1957) é escritor, músico e cineasta. A súa obra literaria comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema.
En todos estes ámbitos -e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social-, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. É sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país.
Como poeta publicou As ladillas do travesti (1979), Historia do rock and roll (1985), Ringo Rango (Xerais, 1992), Viva Galicia Beibe (1994, Xerais, 2016), Escarnio (1999), Látego de algas (2008), Leccións de cousas (2011) e Algo raro pasa raro (2015). Xerais publicou en 2012 o seu libro de conversas con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso co título Antón Reixa. Ghicho distinto.
e descubre todas as novidades do libro en galego