1. INICIO
  2. Libros
  3. VIVA GALICIA BEIBE
VIVA GALICIA BEIBE

VIVA GALICIA BEIBE

Antón Reixa
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como as poucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
XERAIS
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4912-1119-8
EAN
9788491211198
Formato
RUSTICA
Avatar

Antón Reixa

Ver autor

Antón Reixa (Vigo, 1957) é escritor, músico e cineasta. A súa obra literaria comezou na poesía para, sen abandonar nunca a escrita, continuar por campos creativos e de comunicación tan diferentes coma o rock and roll, a videoarte, a performance, o teatro, a radio, a televisión ou o cinema. 

En todos estes ámbitos -e empregando como principais ferramentas o humor, a ironía crítica e a vontade de intervención social-, logrou abrir novos camiños nos que a cerna expresiva da cultura popular dialoga de forma inédita coa sociedade do espectáculo. É sempre, mantendo Galicia como referente central arredor do que xira toda a súa variada produción, co propósito de crear un novo espazo simbólico dende o que repensar o país. 

Como poeta publicou As ladillas do travesti (1979), Historia do rock and roll (1985), Ringo Rango (Xerais, 1992), Viva Galicia Beibe (1994, Xerais, 2016), Escarnio (1999), Látego de algas (2008), Leccións de cousas (2011) e Algo raro pasa raro (2015). Xerais publicou en 2012 o seu libro de conversas con Xosé Cid Cabido e Manuel Xestoso co título Antón Reixa. Ghicho distinto.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Antón Reixa

Á comunidade gustoulles…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego