1. INICIO
  2. Libros
  3. LEVIATAN
LEVIATAN

LEVIATAN

Ramon Trigo
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

O océano, unha misteriosa balea, os tripulantes dun barco en ardua persecución. Unha proposta pictórica chea de forza, simbolismo e xogos humorísticos para representar a complexa relación entre o planeta e os seus insensibles habitantes.

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
Faktoría K de Libros
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4152-5082-1
EAN
9788415250821
Formato
TAPA DURA
Avatar

Ramon Trigo

Ver autor

Ramón Alberto Trigo Alonso, coñecido como Ramón Trigo, nado en Vigo en 1965, é un escritor, artista plástico (pintura, escultura...) e ilustrador galego.

De formación artística autodidacta, con dezaoito anos os seus cómics xa se publicaban no Faro de Vigo, en 1984 participa na súa primeira mostra colectiva de cómic na Universidade Popular de Vigo e a súa primeira exposición individual foi na Casa da Cultura de Vigo en 1990. Realizou exposicións individuais de pintura en Vigo, Nigrán, Ferrol, Valdoviño, Noia, Madrid, Santiago, Lanzarote, Bruxelas, Cuenca, A Coruña, Coimbra, Italia etc. E tamén participou en numerosas exposicións colectivas en España e Portugal. En 2022 levou a súa experiencia creativa a Nixeria a través da Embaixada de España.

É un artista polifacético, alterna a pintura e a escultura coa ilustración, o cómic, a animación… Traballa moito o debuxo e a pintura, interesándose sobre todo pola figura humana (espidos), a paisaxe (mariñas) e o bodegón. Ten nove obras na Colección Afundación.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Ramon Trigo

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego