Unha viaxe simbólica ao corazón de ┴frica para descubrir as súas paisaxes, cores, sabores e segredos. Ramón Trigo relata en Labirinto a historia dun pintor que, canso de empregar unicamente o negro e o gris nas súas obras, emprende unha viaxe cara a un territorio descoñecido. Unha vez alí, disposto
Ramón Alberto Trigo Alonso, coñecido como Ramón Trigo, nado en Vigo en 1965, é un escritor, artista plástico (pintura, escultura...) e ilustrador galego.
De formación artística autodidacta, con dezaoito anos os seus cómics xa se publicaban no Faro de Vigo, en 1984 participa na súa primeira mostra colectiva de cómic na Universidade Popular de Vigo e a súa primeira exposición individual foi na Casa da Cultura de Vigo en 1990. Realizou exposicións individuais de pintura en Vigo, Nigrán, Ferrol, Valdoviño, Noia, Madrid, Santiago, Lanzarote, Bruxelas, Cuenca, A Coruña, Coimbra, Italia etc. E tamén participou en numerosas exposicións colectivas en España e Portugal. En 2022 levou a súa experiencia creativa a Nixeria a través da Embaixada de España.
É un artista polifacético, alterna a pintura e a escultura coa ilustración, o cómic, a animación… Traballa moito o debuxo e a pintura, interesándose sobre todo pola figura humana (espidos), a paisaxe (mariñas) e o bodegón. Ten nove obras na Colección Afundación.
e descubre todas as novidades do libro en galego