O cabalo pensa que a súa caca é a mellor do Universo. Pero a vaca pensa que a dela é mellor. E o porco, a cabra e o parrulo non están de acordo Cal é a mellor caca do Universo Os animais deciden organizar un concurso de cacas! Avisan a todo o mundo e cando chega o gran día hai unha chea de animais…
Rafael Ordóñez Cuadrado naceu en 1964 en Aguilar de Campos. Estudou maxisterio.
En 1995, xunto con outros soñadores, fundou o grupo de narración Cháchara Cuentacuentos, a través do cal compartiu as historias doutros autores e espertou en nenos e adultos o amor pola lectura que o converteu no escritor que é hoxe. Publicou ficción infantil e xuvenil e numerosos libros ilustrados coas editoriais españolas máis prestixiosas.
e descubre todas as novidades do libro en galego