Xirafiña, Elefantiño, Papagaio, Tigriño, Moniña, Rinoceronte e Gaceliña pídenlles ás súas familias (papá e mamá, dous papás, dúas mamás, avós) que apuren o paso. O Sol está comezando a poñerse e chegou a hora de durmir. O libro de cartón inclúe un código QR para poder escoitar o arrolo cantado pola
Alicia Acosta, psicóloga, escritora e contadora de historias malagueña, naceu preto do mar. Pasou a súa infancia soñando esperta e inventando mundos imposibles. De nena, quería ser astronauta para ir á Lúa, veterinaria para salvar animais e escritora para poder inventar todas as historias que quixese. Desde entón, non deixou de soñar historias, escribilas e contalas.
Polo de agora, ten 40 libros con editoriais de prestixio como Penguin Kids, Santillana, NubeOcho, Jaguar, Flamboyant, Bookolia, Carambuco, La Guarida… aínda que están por vir moitos máis. Algúns deles foron traducidos a máis dunha ducia de idiomas; en total, foron traducidos a máis de 19 idiomas e publícanse e véndense en todo o mundo.
Esta especialista en literatura infantil nunca deixará de sorprendernos cos seus relatos.
e descubre todas as novidades do libro en galego