1. INICIO
  2. > Libros
  3. > SEMPRE VIVIMOS NO CASTELO
SEMPRE VIVIMOS NO CASTELO

SEMPRE VIVIMOS NO CASTELO

Shirley Jackson
1 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
RINOCERONTE EDITORA
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4197-9505-2
EAN
9788419795052
Valoracións das lectoras e lectores
5.0
1 valoracións

5 estrelas

100%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Avatar
Iria Gondar Iglesias
5

Merricat e Constance Blackwood viven na antiga mansión familiar, xunto co tío Julian ás aforas dunha vila en Nova Inglaterra. A maior das irmás, Constance carga cun terrible estigma: o de as*sinar a toda a súa familia anos atrás. Mais a falta de probas na acusación, esta é absolta, pero este feito as acompañará no desenvolvemento das súas vidas a ollos da veciñanza, quen as teme e as rexeita á vez. Un día chega Charles, o curmán das Blackwood para reclamar o legado familiar, invadindo a rutina das irmás. Cousa que a Merricat non lle fai demasiada gracia e vaillo facer saber. Entre apócemas, palabras máxicas e o seu gato Jonas, Merricat será quen nos vaia abrindo paso cunha narración nada fiable, mais a autora consigue que empaticemos con ela case de inmediato. Todo isto acompañada de segredos familiares, os cales iremos descubrindo paulatinamente, así coma a verdadeira personalidade e psicoloxía de Merricat. Shirley Jackson acada unha atmosfera de intriga e de xogo coas propias lectoras, a medida que vai tecendo os fíos desta historia. A través de diversos elementos, Jackson xera un clima de tensión do terror cotián, sen renunciar ao seu estilo clásico. Aspecto que tamén vemos reflectido nos seus contos. Unha perfecta ambientación combinando o opresivo e o perturbador, focalizandoo no illamento social das protagonistas e a relación de dependencia entre ambas. Que sucedeu realmente na mansión da familia Blackwood? Teredes que ler "Sempre vivimos no castelo" para sabelo.

Outros libros de Shirley Jackson

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego