Que gran libro este de Daniela e a horta do avó. A autora é Antela Cid e a ilustradora e Anabel Montouto e está publicado por Fervenza. O bonito deste álbum ilustrado é esa introdución ao mundo da horta aos nenos: o avó Pepe e a tía Amelia van introducindo ás nenas e nenos no mundo das verduras e outras plantas cultivables mes por mes. Pode ser unha fantástica lectura para quen teña horta na casa ou ben desfrute dun horto escolar, familiarizándose coas plantas máis habituais. Tamén creo que é un acerto a distribución de traballos e cultivos por meses pois axuda a establecer o concepto do paso do tempo e as estacións. Finalmente atopamos un apéndice "avaliador" moi útil con actividades para despois da lectura que poden ser empregadas a forma de avaliación da comprensión lectora. Un libro moi atractivo para coñecer o contorno nun contexto rural ou onde haxa posibilidade de coñecer os cultivos mencionados.
e descubre todas as novidades do libro en galego