Xan López Domínguez, autor e ilustrador de literatura infantil, naceu en Lugo o 30 de decembro de 1957. Estudou Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela.
Tras rematar os seus estudos, fundou o colectivo Xofre xunto con Francisco Jaraba e Miguelanxo Prado. Xofre está considerado o primeiro fanzine galego dedicado á publicación de banda deseñada en galego. Tamén colaborou en publicacións de humor como Can sen Dono, así como no semanario A Nosa Terra e no xornal La Voz de Galicia. Durante un tempo, tamén deu clases de debuxo.
e descubre todas as novidades do libro en galego