Todo o mundo sabe que Pedro Chosco é o misterioso personaxe que fai adormecer ós rapaces. Pero ¿que inesperadas aventuras empezariamos a vivir se-como lles pasa a David e Marcos-nos atopamos realmente con el?
Xosé Carballude Blanco, nado en Rubín (A Estrada) o 15 de agosto de 1956, é un escritor galego de literatura infantil e xuvenil.
Licenciouse en Filoloxía Clásica na Universidade de Santiago. Actualmente xubilado, foi profesor de latín no IES Xosé Neira Vilas de Perillo (Oleiros), tras pasar por Badaxoz, Vilagarcía de Arousa e Carballo.
Comezou a súa carreira como escritor presentándose ao II Concurso do Barco de Vapor, no que quedou finalista.
e descubre todas as novidades do libro en galego