1. INICIO
  2. Libros
  3. AVENIDA DO PARQUE, 17
AVENIDA DO PARQUE, 17

AVENIDA DO PARQUE, 17

Agustín Fernández Paz
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

A vida de Marta experimenta unha brusca transformación cando seus pais deciden trasladarse á cidade e alugan nela unha vella casa, sobre a que se contan historias raras e inquietantes. O pouco de se mudaren, comezan a ocorrer misteriosos sucesos na nova vivenda. E Marta terá que aprender a

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIONES SM
Data publicación
2002-06-19
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4348-8814-2
EAN
9788434888142
Avatar

Agustín Fernández Paz

Ver autor

Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.

O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Agustín Fernández Paz

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego