Boca da noite recrea universos irredentos e fatais. Personaxes cotiáns e atormentados, abocados a finais aterradores que somos quen de albiscar nestes relatos, mais que rematarán fóra das verbas derradeiras, no corazón da escuridade, do mesmo xeito como a negrura da noite máis pecha está presentida
Ramón Caride Ogando, nado en San Cristovo de Cea en 1957, é un escritor galego.
Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou como profesor de ensino secundario até finais do 2017 no IES Ramón Cabanillas. Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente da Asociación cultural A Santa Compaña de Cambados, onde reside; e un dos promotores da revista homónima.
Foi columnista en xornais como El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego. Creou as series xornalísticas Blues da fronteira (La Voz de Galicia), O libro de area (Faro de Vigo), e colaborou en suplementos culturais (Galicia Literaria, Faro das Letras, La Ría del Ocio, Arousa-Un mar de cultura).
e descubre todas as novidades do libro en galego