Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le.An Alfaya escribiu "A
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo o 2 de marzo de 1964, é unha escritora galega.
Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo.
Traballou un tempo como actriz de dobraxe en galego na serie Os Picapedra, onde poñía voz ao personaxe de Betty.
e descubre todas as novidades do libro en galego