1. INICIO
  2. Autores
  3. MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE
Avatar de MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE

MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE

Corcubión , 1951
20 títulos
0 seguidores

Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un profesor e escritor galego.

Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerceu como profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.

Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. Foi promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.

Colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións, como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.

Libros de MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE

a cor do elefante-trolebus
a cor do elefante-trolebus
Estética e teatro
Estética e teatro
Gaiolas
Gaiolas
O neno que tiña medo dos robots e o robot que tiña medo dos nenos
O neno que tiña medo dos robots e o robot que tiña medo dos nenos
O souto escuro e perigoso
O souto escuro e perigoso
Contos de Reis e de Nadal
Contos de Reis e de Nadal
A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos
A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos
O gato Bógar
O gato Bógar
Historias para calquera lugar
Historias para calquera lugar
A malvada María Xosé
A malvada María Xosé
Proxecto pomba dourada
Proxecto pomba dourada
Anxos en tempos de chuvia
Anxos en tempos de chuvia
Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos
Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos
Demos de verán
Demos de verán
DA CARAPUCHIÑA AO SEÑOR LAMOTE
DA CARAPUCHIÑA AO SEÑOR LAMOTE
O moucho voa
O moucho voa
A composición filosófica. Probas de Selectividade
A composición filosófica. Probas de Selectividade
De Compostela a Braga e de Braga a Compostela
De Compostela a Braga e de Braga a Compostela
Fadita fosca!
Fadita fosca!
Xurxiño quere ser...
Xurxiño quere ser...

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego