Contos de Reis e de Nadal, libro escrito por Miguel Vázquez Freire e ilustrado por Xosé Tomás, contén na súa primeira parte catro contos de Reis ("A mañá do monstro", "A Noite de Reis da Princesa", "Marquiños quería un balón", "Xandro e Tomé") e, na segunda, outros tres de Nadal ("A viaxe de
Miguel Vázquez Freire, nado en Corcubión en 1951, é un profesor e escritor galego.
Estudou Filosofía e Letras nas universidades de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid, licenciándose na especialidade de Filosofía. Exerceu como profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.
Foi director da revista Golfiño e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia. Foi promotor de Pé de Imaxe e de Nova Escola Galega.
Colaborou como crítico e comentarista de literatura infantil en diversas publicacións, como a Revista Galega de Educación, Cuadernos de Pedagogía, CLIJ, El Urogallo e nas páxinas culturais e educativas de La Voz de Galicia e Faro de Vigo. Foi coautor dos materiais educativos de Filosofía de Xerais, desde 1990 ao ano 2003.
e descubre todas as novidades do libro en galego