Un día Max pérdese na vila na que veranea cos seus pais. Vén dar cunha estraña tenda de antigüidades cun dono aínda máis estraño, chamado Wensel. ¿Que se pode pensar dun sitio cun cartel que di Non se admiten nenos, nin animais, nin curiosos? Max consegue entrar sen ser visto e presencia unha
María de los Ángeles Alfaya Bernárdez, coñecida como An Alfaya, nada en Vigo o 2 de marzo de 1964, é unha escritora galega.
Realizou estudos de Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado de Vigo e Criminoloxía na Universidade Complutense de Madrid. Ligada ao teatro, participou na fundación do Teatro Avento de Vigo.
Traballou un tempo como actriz de dobraxe en galego na serie Os Picapedra, onde poñía voz ao personaxe de Betty.
e descubre todas as novidades do libro en galego