Un asunto familiar do inspector de Policía é a orixe desta peculiar escola.O trasno Briador convoca os seus compañeiros e compañeiras co fin de impartirlles un curso intensivo, que lles permita coñecer o seu pasado para espertar neles a ilusión por recuperar a sona de tunantes e enredantes agora
Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.
Traballa como responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística Provincial de Lugo. Colabora con numerosos traballos de divulgación relacionados coa historia, a arte, a etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral en diversos medios de comunicación e revistas especializada.
É o cofundador de Chaira, Grupo de Investigación Etnográfica (Lugo, 1992), do que tamén forman parte Ofelia Carnero, Mercedes Salvador e Xoán Ramiro Cuba, ten intervido en campañas de recollida de literatura oral en distintos concellos da provincia de Lugo.
Relator en numerosas xornadas e congresos. Participa en campañas de promoción da lectura nos centros de ensino, bibliotecas e asociacións culturais.
Creador e coordinador de contidos da Enciclopedia Virtual da Fantasía popular de Galicia denominada Galicia Encantada. Membro do “Comité de Expertos en investigación de campo” do proxecto Corpus de Literatura Oral.
Coordinador da revista oral de periodicidade trimestral O pazo das musas, editada polo Museo Provincial de Lugo desde 2004 e da revista oral de periodicidade semestral A voz dos carraos editada polo Museo Provincial do Mar desde 2006, Castronela (Museo Fortaleza San Paio de Narla, Friol) e A voz dos lemavos (Museo Pazo de Tor). Como vogal responsable de literatura de tradición oral da AELG coordina os proxectos “Polafías” e “Mestres da memoria” creados para documentar e divulgar os valores da oralidade e da cultura popular.
e descubre todas as novidades do libro en galego