Nas últimas décadas foron numerosas as propostas lexicográficas en lingua galega que saíron do prelo, moitas delas en forma de dicionario. Porén, un novo proxecto destas características debe cumprir, polo menos, dúas premisas fundamentais: por unha banda, debe seguir o ronsel dos mellores corpus…
Benxamín Dosil López, nado na Fonsagrada o 7 de febreiro de 1961, é un lingüista galego.
Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego no Servizo de Tradución da Xunta (1989-1997), e, dende 1993, funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000).
Encargouse da coordinación e tratamento terminolóxico da Guía de alimentación (1995) e do Léxico da construción (2001).
e descubre todas as novidades do libro en galego