1. INICIO
  2. Libros
  3. DO A AO Z CON... MANUEL MARÍA
DO A AO Z CON... MANUEL MARÍA

DO A AO Z CON... MANUEL MARÍA

Xosé Lois García
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Un novo libro da serie dedicada aos nosos clásicos, cuxa visión do mundo chega aos lectores máis novos na voz de autores contemporáneos que, co paso do tempo, tamén pasarán a formar parte desa lista de elixidos desa lista de clásicos de lectura imprescindible. Xosé Lois viaxa, a través das letras

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EVEREST
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4403-1180-1
EAN
9788440311801
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Xosé Lois García

Ver autor

Xosé Lois García Fernández, nado en Lugo o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.

Aínda que naceu en Lugo, criouse en Merlán (Chantada). Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.

Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos e en 2024 foi nomeado por unanimidade membro correspondente da Academia Angolana de Letras.

O 6 de setembro de 2025 con moitovo dos seus 80 anos celebrouse en Chantada o simposio Xosé Lois García. 80 anos de cultura e vida. Editouse un volume co mesmo título e a colaboración de moitos persoeiros da cultura galega e do mundo lusófono.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xosé Lois García

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego