1. INICIO
  2. Autores
  3. XOSÉ LOIS GARCÍA
Avatar de XOSÉ LOIS GARCÍA

XOSÉ LOIS GARCÍA

Lugo , 1945
22 títulos
0 seguidores

Xosé Lois García Fernández, nado en Lugo o 22 de abril de 1945, é un escritor galego.

Aínda que naceu en Lugo, criouse en Merlán (Chantada). Con vinte anos pasou a vivir a Barcelona, onde traballou de obreiro da metalurxia na SEAT e estudou varios cursos de socioloxía no Instituto de Ciencias Sociais e Políticas que, máis tarde, abandonou para ingresar na Universidade de Barcelona da que é licenciado en Filosofía e Letras (sección de Historia). Foi Director do Arquivo Histórico Municipal e Responsable de Patrimonio HIstórico de Sant Andreu de la Barca (Barcelona). Fundador do “Centre d’Estudis Joan Falguera” de Sant Andreu de la Barca, e da “Asociación de Amigos do Románico da Comarca de Chantada”.

Desenvolveu diversos labores na divulgación da cultura galega en Cataluña. Autor de diversas publicacións de historia, ensaio, teatro, literatura infantil e sobre a simboloxía románica na Ribeira Sacra. Crítico de arte e literatura, conferenciante, articulista en varias publicacións de Galiza, España e do estranxeiro. Foi correspondente da revista portuguesa Nova Renascença. Articulista da prensa catalá: revista Canigó e Historia y Vida e nos xornais: Avui e Mundo Diario. Participou nas revistas portuguesas: Quadernos do Tâmaga!, Anto e Saudade, Colóquio & Letras. Columnista semanal do xornal O Correo Galego, Galicia Hoxe, A Nosa Terra e Sermos Galiza.

Especialista da literatura de expresión portuguesa en África (a este continente viaxou en numerosas ocasións) e autor de antoloxías poéticas de Portugal, Galicia, Mozambique, Angola, Guinea-Bissau, Macau e o Brasil. Tamén é antólogo e tradutor. A súa obra a compoñen mais de cincuenta libros publicados sobre diversas temáticas en galego, portugués e catalán. Ten realizado varias viaxes a África e América. Investigador sobre a obra de Agostinho Neto, o primeiro presidente de Angola, e doutros autores. Ten escrito numerosos prólogos sobre autores de poesía. É membro de honor da União dos Escritores Angolanos e en 2024 foi nomeado por unanimidade membro correspondente da Academia Angolana de Letras.

O 6 de setembro de 2025 con moitovo dos seus 80 anos celebrouse en Chantada o simposio Xosé Lois García. 80 anos de cultura e vida. Editouse un volume co mesmo título e a colaboración de moitos persoeiros da cultura galega e do mundo lusófono.

Libros de XOSÉ LOIS GARCÍA

A mulemba que fala
A mulemba que fala
A Idade do Orballo
A Idade do Orballo
O furtador de auga
O furtador de auga
Labyrinthus
Labyrinthus
Kalendas
Kalendas
Uxío Novoneyra. Revisitado
Uxío Novoneyra. Revisitado
Castelao dende Catalunya
Castelao dende Catalunya
Nova Galiza
Nova Galiza
Os trobadores das terras de Chantada
Os trobadores das terras de Chantada
ECOS DOS POETAS DE CHANTADA
ECOS DOS POETAS DE CHANTADA
A poesía mística e cívica de Xosé María Díaz castro
A poesía mística e cívica de Xosé María Díaz castro
Do a ao z con Manuel María
Do a ao z con Manuel María
AUTO DO DEMO E DA VIÑATEIRA
AUTO DO DEMO E DA VIÑATEIRA
O PROCESO A LUCÍA FIDALGO
O PROCESO A LUCÍA FIDALGO
A vértixe dos días
A vértixe dos días
Manuel María reencontrado
Manuel María reencontrado
Referentias
Referentias
Do A ao Z con... Manuel María
Do A ao Z con... Manuel María
Animalario
Animalario
Alefato
Alefato
(g).tempo precario.1972-1987
(g).tempo precario.1972-1987
Adiviñanceiro popular galego
Adiviñanceiro popular galego

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego