Xosé Ramón Fandiño Veiga, nado en Santiago de Compostela o 11 de xaneiro de 1946, é un escritor e editor galego.
Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou no Instituto Galego de Información do Grupo Sargadelos. Foi coordinador da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Colaborou na Radio Galega e foi guionista para televisión. Recibiu o Premio de Xornalismo V Centenario da Universidade de Santiago polo programa radiofónico Galicia Universitaria (1994-1995).
e descubre todas as novidades do libro en galego