Conxunto de relatos, narrados en primeira persoa. Cun humor digno dunha película de Tatí, vainos contando as súas peripecias cosas persoas que atopa pola rúa. Quizais o máis significativo de todos eles é no que se sente namorado dunha rapaza que ve no autobús.
Josep Albanell (Vic, 1945) asina as súas obras para adultos co pseudónimo Pep Albanell e as súas obras infantís e xuvenís como Joles Sennell. Licenciado en Filosofía pola Universidade de Barcelona, escribiu un número considerable de obras, entre as que se inclúen relatos, novelas, álbums infantís ilustrados e obras teatrais, algunhas das cales lle valeron varios premios, algúns tan prestixiosos como o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
As súas obras literarias foron traducidas ao coreano, chinés, linguas africanas, inglés, grego, francés, italiano, español, galego, aranés e éuscaro. En 2013, recibiu o Premi Trajectòria (Premio á Traxectoria) da Setmana del Llibre en Català (Semana do Libro Catalán).
e descubre todas as novidades do libro en galego