1. INICIO
  2. Libros
  3. SO–O DA FEBRE
SO–O DA FEBRE

SO–O DA FEBRE

Miguel Anxo Murado
0.0 Sen valoracións
0 veces listado

Este libro ten un protagonista singular: a febre: A febre como personaxe, como metáfora da imaxinación, do soño, da literatura en definitiva.Partindo dun episodio real da súa vida (un ataque febril no Cairo), o autor vai presentando unha galería de historias sorprendentes, ás veces oníricas, ás

Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
GALAXIA
Data publicación
2007-05-07
Páxinas
156
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4715-4080-5
EAN
9788471540805
Formato
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Avatar

Miguel Anxo Murado

Ver autor

Nado en Lugo en 1965, é escritor, guionista de cinema e televisión. A súa aparición no mundo literario tivo lugar con Metamorfosis benezianas (1983), novela en castelán coa que gañou ós 17 anos o Premio Café Gijón. En galego é autor dunha variada obra que inclúe narrativa (Memoria de derribos, Mércores de cinza), poesía (Lapidario dos heterodoxos, Bestiario dos descontentos) e teatro (A grande noite de Fiz, Historias peregrinas). En 1991 e 1994 viaxou á exIugoslavia como enviado especial, experiencia da que naceu Ruído. Relatos de guerra. En 2001 publicou o ensaio Caderno de Xapón.

En paralelo co seu traballo literario, Murado desenvolveu durante anos un labor de guionista, polo que obtivo en tres ocasións o Premio Carlos Velo para guionistas da Xunta de Galicia. Seus son os guións de películas do cinema español como La Ley de la Frontera ou Finisterre. En televisión, escribiu e realizou unha ducia de documentais sobre Xeografía, Literatura e Política, e colaborou en varias series.

Murado desenvolveu unha actividade intermitente no campo do xornalismo. É columnista habitual en diversos medios. Residiu varios anos en Oriente Medio, onde traballou sucesivamente para as Nacións Unidas, o Goberno da Autoridade Palestina e como correspondente de prensa.

Premio Pedrón de Honra 2015 e Fernández Latorre 2016.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Miguel Anxo Murado

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego