Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
O libro poderíase titular O que vostede debería saber dos nosos viños e pretende que se conozan, queiran e beban mello. O autor adica a primeira parte do libro a paresentar dun xeito descriptivo a distribución do viño en Galicia, zonas de produción, climatoloxía, edafoloxía; o cultivo da viña, dende
O libro poderíase titular O que vostede debería saber dos nosos viños e pretende que se conozan, queiran e beban mello. O autor adica a primeira parte do libro a paresentar dun xeito descriptivo a distribución do viño en Galicia, zonas de produción, climatoloxía, edafoloxía; o cultivo da viña, dende os coidados da cepa até a vendima; a elaboración do viño (anoloxía e coidados); elaboración de augardentes, licor-café, as queimadas e a súa maxia. A segunda parte está adicada a falar dunha forma breve, sobor da historia do viño en Galicia, dende os seus orixes atá hoxe; nela inclúense os estanco e privilexios que había, e mailo comercio. Na terceira parte aparece un estudo das zonas mais importantes do noso país e en cada unha delas figuran características locais das catro privincias galegas e as súas principais zonas produtoras. A obra remata cun capítulo adicado ó cooperativismo vitivinícola, exportación e comercio dos nosos viños xunto cos organismos a agrupacións relacionadas cos viños (cofradías, irmandades e catadores de viños). Ó final preséntase unha relación e 136 nomes de uvas e indícase cales son variantes lingüísticas locais; xunto con cada nome se inclúe en xeral, os lugares onde se produce e algunhas características científicas ou non, recollidas directamente da boca dos labregos. Todo o libro vai acompañado de noventa e sete fotografías en color, dibuxos, táboas enolóxicas e mais metereolóxicas.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro