Este volume reúne todas as creacións poéticas en galego dunha das figuras do Rexurdimento. Unha obra caracterizada polo compromiso social nalgunhas pezas, o anticlericalismo noutras, e sempre cun profundo civismo e coherencia ideolóxica. Aires da miña terra, O divino sainete e poemas aparecidos
Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.
e descubre todas as novidades do libro en galego