Premio Café Dublín de Narrativa, 1994. Xosé Antonio Moreno presenta neste libro unha colección de relatos nos que se amosan o seu claro empeño en narrar historias actuais, capaces de implicar ao lector de hoxe.
Xosé Antonio Moreno, nado en Vigo en setembro de 1952 e finado na mesma cidade o 2 de decembro de 2001, foi un profesor e escritor galego.
Licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático de filosofía nun instituto vigués. Deuse a coñecer en 1995 coa publicación de O cable inglés, libro de relatos co que gañou o premio Café Dublín.
Finou en Vigo aos 49 anos de idade.
e descubre todas as novidades do libro en galego