1. INICIO
  2. Libros
  3. FENTOS NO MAR
FENTOS NO MAR

FENTOS NO MAR

Xavier Rodríguez Baixeras
0.0 Sen valoracións
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS DO CASTRO
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4749-2069-7
EAN
9788474920697
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Xavier Rodríguez Baixeras

Ver autor

Francisco Xavier Rodríguez Baixeras, nado en Tarragona en 1945, é un poeta, ensaísta e tradutor galego. É irmán do pintor Rafael Baixeras.

Naceu en Tarragona, onde estaba destinado como militar o seu avó paterno, orixinario de Nois (Foz). O seu pai, galego, era secretario de administración local, exercía na Pobra do Caramiñal, a súa nai era catalá. Por tanto medra políglota en tres idiomas: catalán, castelán e galego. A familia marcha despois a Ribadeo. Alí fai os estudos primarios. En 1957 trasladáronse a Segovia ao ser nomeado o pai secretario da Deputación. En Segovia estuda o bacharelato. Pasa pola Universidade de Valladolid, e despois pola de Madrid, onde se licenciou en Filoloxía Románica.

En Madrid retomou o contacto con Galicia a través das clases que na delegación da UNESCO dirixía Ben-Cho-Shey. Tamén coñeceu a Reimundo Patiño, o último dos Brais Pinto en Madrid. En 1970 trasladouse novamente coa familia á Coruña, onde comezou a impartir clases no instituto Ramón Puga. Ao aprobar as oposicións obtivo praza en Palma, onde viviu tres anos. En 1977 trasladouse a Vigo onde entrou en contacto con escritores e xente da cultura, e comezou a escribir libros en galego e a súa actividade como tradutor. 

Amigo persoal de poetas e artistas da Movida viguesa dos 80, como Xosé María Álvarez Cáccamo, Fernán Vello ou Ramiro Fonte. Desde 2006, unha vez xubilado como profesor de lingua e literatura do instituto Castelao do Calvario de Vigo, pasou a residir en Salvador de Baía (Brasil) durante catro anos. Reside en Vigo alternando estadías en Nois (Foz) onde cultiva a poesía, ensaio e a tradución. Como tradutor traduciu ao galego a autores italianos, cataláns e de lingua portuguesa ao galego; tamén a autores galegos ao castelán e ao catalán. Participa activamente en recitais poéticos, presentacións, colaboracións literarias e congresos.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Xavier Rodríguez Baixeras

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego