1. INICIO
  2. Libros
  3. CASTELAO OU A PAIXÓN DE GALIZA
CASTELAO OU A PAIXÓN DE GALIZA

CASTELAO OU A PAIXÓN DE GALIZA

Daniel Cortezón
0.0 Sen valoracións
0 veces listado
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro
Editorial
EDICIÓNS DO CASTRO
Idioma
GALEGO
ISBN
978-8-4749-2317-9
EAN
9788474923179
Formato
OTRO FORMATO LIBRO
Avatar

Daniel Cortezón

Ver autor

Daniel Cortezón Álvarez, nado en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927 e finado en Lugo o 4 de outubro de 2009, foi un prolífico escritor galego, autodidacta, coñecido de xeito principal pola súa produción teatral, fundamentalmente de carácter histórico.

Fillo de carabineiro, a guerra civil española obrigouno a fuxir a Francia coa súa familia. Volveu con 12 anos a Ribadeo, comezando de aprendiz nunha botica, onde traballou ata 1963. Comezou a súa formación autodidacta. Con posterioridade traballou en León e Madrid (de 1965 á súa xubilación), chegando a ser redactor xefe da revista Auxiliares de Farmacia e participando nos parladoiros do Café Gijón.

Ó seu retorno a Galicia residiu en Vigo e Ribadeo de xeito alternativo, onde foi pregoeiro da XIX Feira do Libro Galego (Ribadeo, 1988) e mantivo numerosos contactos no eido cultural, como a súa relación coa Asociación Cultural Francisco Lanza, ou a amizade con Fermín Penzol e Juan Luis Vega Prada. Con anterioridade a este retorno xa destacara no labor cultural, máis aló do resalte como escritor participando en iniciativas como o padroádego da Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo, que para el foi unha fase de dedicación a unha institución á que tanto lle debía.

Persoa serena, cunha ampla e rica cultura debida a unha autoformación. Sirvan as frases seguintes de autodefinición do que foi a súa formación: “Eu son absolutamente autodidacta. Apenas fun á escola para aprender as primeiras letras. Da biblioteca de Ribadeo lin, ao longo de vinte e tantos anos, no mostrador da farmacia, os máis de 3000 volumes cos que contaba”.

Valoracións das lectoras e lectores
0.0
0 valoracións

5 estrelas

0%

4 estrelas

0%

3 estrelas

0%

2 estrelas

0%

1 estrelas

0%
Aínda non hai reseñas.

Outros libros de Daniel Cortezón

Á comunidade gustoulle…

Subscríbete ao noso boletín

e descubre todas as novidades do libro en galego