Martiño Pedreira é un home xa vello, que vive só nunha grande cidade. Posúe unhas " gafas de realidade " , que lle permiten ver todas aquelas causas fermosas que o resto das persoas, abafadas polas présas e polo egoísmo, non son quen de ver. Ten un can amigo, Can sen Dono, que vive nun
Xosé Antonio Neira Cruz, nado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1968, é un escritor galego.
É licenciado en Filoloxía italiana e en Ciencias da Información (sección de Xornalismo) na Universidade de Santiago de Compostela, doutor coa tese Prensa infantil e escolar en Galicia (2001, dirixida por Xosé López García) e tamén doutor coa tese Los albores de la crónica periodística las crónicas del viaje por España y Portugal de Cosimo III de' Medici (2015, dirixida por María Isabel González Fernández). É mestrado en Dereito Premial.
Foi redactor da revista Tempos e, ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, dirixiu a revista de literatura infantil e xuvenil Fadamorgana. Escribiu tamén guións para diversos programas de radio e Televisión de Galicia.
Foi o responsable das coleccións Sete Mares, Árbore e Costa Oeste da editorial Galaxia e en 2012 foi profesor de Xornalismo na USC. Foi nomeado Coordinador da Comisión de desenvolvemento de proxectos do IBBY, membro do Xurado do Premio do IBBY Asahi Reading Promotion así como integrante do Comité Organizador do 28º Congreso desta organización internacional.
e descubre todas as novidades do libro en galego