Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) é unha das voces máis poderosas, eficaces e emocionantes da nosa poesía contemporánea. Os seus libros acadaron grande sona dentro e fora de Galicia, crónica apaixoada dun tempo difícil e, sen embargo, cheo de esperanza. O soño sulagado (1954), Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro Míguez, nado en Celanova na rúa Enriba o 4 de xaneiro de 1912 e finado en Vigo o 30 de agosto de 1979, foi un escritor e político galeguista. Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra Longa noite de pedra é un dos libros chave para entender a literatura galega contemporánea e unha referencia obrigada de toda unha xeración de autores e lectores.
É considerado o máximo expoñente da Xeración do 36 e unha das figuras máis salientables da literatura galega do século XX. Foille dedicado o Día das Letras Galegas de 1989.
e descubre todas as novidades do libro en galego