Un grupo de rapazas e rapaces, baixo a dirección do seu profesor, emprende unha viaxe dende Vigo aos Ancares. Ao longo dela descubrirán a beleza dos soutos de castiñeiros e as carballeiras, as ribeiras dos ríos coa súa importante flora de amieiros.
Xosé Lois Ripalda González, nado en Erbedeiro (Carballedo) o 31 de xaneiro de 1940, é un mestre e escritor galego.
Estudou Maxisterio en Pontevedra, xubilándose despois de case corenta anos dedicados ao ensino en diversas aldeas do rural en Galicia e Asturias, rematando en Nigrán, Baiona e Vigo.[2] Da súa preocupación pola cultura tradicional e da evidente necesidade de crear literatura coa que poidan identificarse os alumnos procedentes do medio rural, nacen os seus volumes de relatos Un fachico de contos e Contos para engaiolar, recreacións libres da tradición oral que, xunto co seu último libro, Contos da Baiuca, forman unha triloxía sobre temas relacionados coa aldea.
e descubre todas as novidades do libro en galego