Este dicionario é a testemuña dunhas verbas coas que os vellos canteiros de maceta e de punteiro, se relacionaban etre eles e co seu entorno máis próximo. A trasmisión das plabras sempre se realizou de forma oral, de tal xeito que cando morría un canteiro, perdíase con el parte desta cultura. Estas
Xesús Antonio Gulías Lamas, nado en Beariz o 29 de maio de 1948, é un escritor e antropólogo galego.
Naceu no seo dunha familia de labregos e canteiros que o marcaron profundamente cunha pescuda da súa identidade como investigador e terramontés. Estudou no Seminario de Ourense e no Instituto Nacional de Misións Estranxeiras (IEME) en Madrid, onde tamén cursou antropoloxía.
O seu interese pola cantaría e pola arquitectura medieval levouno a recoller de viva voz entre os canteiros, sobre todo de Montes, o material que daría lugar ao Diccionario do Verbo dos canteiros.
O seu compromiso con Beariz e coa Terra de Montes guiárono sempre na investigación da súa historia e na recollida das súas lendas e tradicións.
Foi presidente da Asociación de Amigos da Terra de Montes dende o ano 2003 ata o 2005 e recibiu a medalla de ouro da mesma asociación no ano 2009.
e descubre todas as novidades do libro en galego