iguel Anxo Elías Fernández Bello, máis coñecido como Miguel Anxo Fernán Vello, nado en Cospeito o 8 de outubro de 1958, é un escritor, editor e político galego.
Realizou estudos de Música (Guitarra Clásica) no Conservatorio Superior de Música da Coruña, de Psicoloxía e Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña e na Universidade de Santiago de Compostela. Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do Pen Clube de Galicia.
Fundou a editorial Espiral Maior en 1991 e foi un dos fundadores das revistas Cen augas e Agália. Deuse a coñecer ao ser premiado no VIIº Concurso Modesto R. Figueiredo co relato "Anti-memória dun dia". No ano 2001 estreouse, por encargo da Orquestra Sinfónica de Galicia, a súa cantata Cantiga Finisterrae para múltiples voces de luz.
e descubre todas as novidades do libro en galego