José María Heras Varela naceu en Ávila en 1957. Asina as súas obras co pseudónimo Chema Heras. É licenciado en Maxisterio.
Actualmente imparte clases de inglés en Cambados (Pontevedra) e forma parte do consello editorial de Faktoria K de Libros, función que compaxina coa súa actividade literaria. Tamén é tradutor. É autor de varias obras para nenos e mozos. Escribe os seus libros en galego, e algúns foron traducidos ao castelán e ao catalán.
Tamén escribiu libros para o ensino da lectura en galego e outros para o Departamento de Educación de Nova Gales do Sur durante a súa estadía en Australia. É membro da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (GALIX).
e descubre todas as novidades do libro en galego