Olegario Sotelo Blanco, nado en Quintela (Mazaira, Castro Caldelas) o 8 de setembro de 1945, é un empresario, editor e escritor galego.
Logo de marchar a Barcelona a principios dos anos sesenta e traballar en múltiples oficios, dedicouse ao sector inmobiliario. Paralelamente á actividade industrial, creou Sotelo Blanco Edicións e a Editorial Ronsel (1993), que publica en lingua castelá. Presidiu o Centro Galego de Barcelona. En 2005 volveu a Galicia.
Como escritor interesouse polo mundo rural galego e os problemas sociais, políticos e psicolóxicos derivados da emigración.
e descubre todas as novidades do libro en galego