Empregamos cookies para mellorar a experiencia, análises e contido personalizado.
Podes aceptar todas, rexeitar as non necesarias ou configurar.
Máis info na política de cookies e
privacidade.
PREMIO RISCO DE CREACION LITERARIA 2011 Os protagonistas desta novela coral tentan dar respostas ás contradicións e teimas da nova xeración de mozos e mozas do século XXI que andan na busca do seu lugar no mundo, outorgando un sentido ao deambular desatinado dos seus protagonistas, unha pintora
PREMIO RISCO DE CREACION LITERARIA 2011 Os protagonistas desta novela coral tentan dar respostas ás contradicións e teimas da nova xeración de mozos e mozas do século XXI que andan na busca do seu lugar no mundo, outorgando un sentido ao deambular desatinado dos seus protagonistas, unha pintora disposta a ser vista por quen non mira nun remuíño de emocións coas que tenta comprender o mundo, un escritor que precisa atención exclusiva para existir, unha directora de videoclips que logra ser o centro das miradas e un rapaz anónimo que necesita o amor baixo a forma de tacto. Olladas fálanos da súa relación individual e colectiva co mundo, dos procesos de interioridade e exterioridade revelados simultaneamente, das lecturas que os foron conformando, dos amigos, da memoria dos avós e do que queda daquela forma de tenrura, da solidariedade con outros conflitos e outras realidades, das viaxes como espazos de permanente descubrimento, da era da comunicación, das casualidades, da obstinación como actitude vital, temáticas coas que Adelaida Vidal vén explicar o que queda á fin como pouso da vida, ese misterio que adopta o nome Inmensidade en forma de lenzo. Escrita con pulso narrativo firme, a novela aposta por unha linguaxe innovadora e sensitiva coa que dá conta da fragmentaria percepción dunha realidade sempre fuxidía.
Que che pareceu este libro?
Axuda a outras persoas deixando a túa opinión sobre este libro