Tucho Calvo ofrécenos unha novela na que fai gala, unha vez máis, da súa destreza para argallar historias abraiantes e cheas de enigmas. Nesta nova entrega, un escritor e a súa dona incorpóranse á vida dunha aldea mariñeira que acaba exercendo sobre eles unha influencia esmagadora da que non se
Xosé Benito Calvo Rego, nado en La Guaira (Venezuela) o 17 de novembro de 1954, é un xornalista e escritor galego, coñecido como Tucho Calvo.
Fillo de pais emigrantes, pasou a súa infancia en Ortigueira. Traballa en La Voz de Galicia dende 1976. En 2002 dirixiu a colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, e posteriormente as de Autores Galegos en Castelán e a Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Tamén é o responsable, xunto con Carmela González Boó, de Biblos Clube de Lectores.
e descubre todas as novidades do libro en galego