Este epistolario reproduce unha selección das cartas que, durante unha longa secuencia cronolóxica, Ramón Piñeiro destinou a Francisco Fernández del Riego, amigo e compañeiro nas tarefas de reconstrución política e cultural de Galicia. As cartas abranguen un período que vai desde 1948, cando
Francisco Fernández del Riego, bautizado cos nomes Francisco Jesús Benito Antonio, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913 e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010, foi un intelectual e activista político galego. Escribiu cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, S. L., Cosme Barreiros, Ronsel e Alevín. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.
Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do Grupo Nós.
O 9 de xullo de 2022, o plenario da Real Academia Galega, institución que presidiu de 1997 a 2001, decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.
e descubre todas as novidades do libro en galego